#REACTÍVATE
ACTIVIDADES ANUAIS NO ROSAL
Informa: Concello do Rosal
Comezamos co programa #Reactívate que engloba as actividades anuais desenvolvidas no Concello do Rosal.
Deste xeito, neste ano teremos Pilates, Pintura, Restauración, Zumba, Zumba Gold, Tenis, Ioga e axilidade mental. Como novidade, Ioga pasa a ser unha actividade ofertada desde Concello e dada a importancia da axilidade mental pola composición poboacional que temos, decidiuse aumentar a oferta desta actividade e levala a algúns barrios para unha maior cercanía da veciñanza.
A axilidade mental trátase dun obradoiro de memoria e estimulación cognitiva dirixido ás persoas maiores. Por iso, ofertarase no Calvario mais tamén en Fornelos, Marzán, San Xián-Portecelo e San Miguel de Tabagón.
O horario de actividades será o que se expón cartel.
Para inscribirse a calquera destas actividades poden facelo no Concello realizando a solicitude correspondente.
Para máis información poden chamar ao teléfono 986 625 000 Extensión 4.
Ningún comentario:
Publicar un comentario