XXIII EXFIMIÑO
EN MARCHA A EXPOSICIÓN FILATÉLICA ORGANIZADA POLA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA
Celebrarase do 5 ao 13 de outubro nos salóns do Centro Cultural da Vila
Cartel da XXIII Exposición Filatélica Exfimiño, 2019 no que pódese apreciar o fermoso inmoble que foi Hospital Casa-Asilo e Centro Rural de Higiene (Centro Sanitario) e desde fai anos é o Centro Cultural e Social de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.), que preside Luciano Lomba Vicente, ven de facer público o cartel da XXIII Exposición Filatélica Exfimiño, 2019.
O evento filatélico, con entrada libre para todos os públicos, celebrarase do 5 ao 13 de outubro de 2019, nos salón do Centro Cultural e Social de A Guarda.
Asemade, o día 11 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar o acto de presentación do cuño conmemorativo da XXIII Exfimiño, 2019, que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FE.GA.SO.FI.) e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda (Concellería de Cultura).
Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, na súa XXIII edición, estará dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, hoxe Centro Cultural.
O programa de actos da EXFIMIÑO 2019 comezará o sábado día 5 de outubro as 11:00 horas coa apertura da exposición.
O día 6 as 12:00 horas terá lugar á presentación do selo e sobre personalizados, este ano dedicados ao edificio do actual Centro Cultural.
Os días 7, 8, 9 e 10 visitas pola exposición guiadas para escolares e público en xeral.
O día 11 as 20:00 horas, instalación dunha estafeta temporal de Correos e as 20:30 horas, inauguración con recepción de autoridades e presentación do cuño oficial da mostra, concedido por Correos, e deseñado por Marta Verde, para EXFIMIÑO, 2019, e posta en circulación do sobre conmemorativo.
A mostra contará como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas, (tradicional, temática un cadro, clase aberta,...
Tamén haberá algunha colección de numismática.
Na inauguración e como ven sendo habitual, o profesor e historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez (A Guarda, 1967) doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), disertará sobre o singular inmoble.
Construído na década de 1920, o edificio é unha das iconas da vila de A Guarda.
En datas vindeiras, unha vez sexa resolta pola autoridade xudicial competente a acción legal - demanda de xuizo ordinario - promovida en data 01.02.2019 polo Concello de A Guarda, terá como probable resolución a disolución da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla. Por ese motivo, o devandito inmoble - ao igual que outros bens que pertenceron a Sociedad Pro-Monte Santa Tecla - pasará desde entón a pertencer ao Concello de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario