2 de set. de 2019

DEPORTES

O ATLETA OLÍMPICO CARLOS DE LA TORRE PECHOU O II CAMPUS DE ATLETISMO DE TOMIÑO


Carlos de la Torre - na 1ª fileira con camisa de raias -, concelleiras de Tomiño, participantes no II Campus de Atletismo, técnicos e directivos do club Sociedade Atlética do Trega, no acto de clausura do campus


Informa: (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 O pasado venres, a visita do olímpico Carlos de la Torre Allariz (Marín, Pontevedra, 18 de maio de 1966), pechou o II Campus de Atletismo de Tomiño. 

 Este atleta marinense de medio fondo e fondo, pertence á dinastía "Os irmáns da Torre", sendo 4 membros na súa familia e 3 deles olímpicos. 

 Carlos participou e representou a España nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e nos de Atlanta 1996; na proba de 10.000 m en pista ao aire libre, (facendo ese ano a súa mellor marca nos 10.000 m cun tempo de 27´49" 17), o cal, pode presumir de correr con grandes figuras mediáticas daquela era, como: Hail Gebrselassie (Etiopía)  Paul  Tegat (Quenia), Abel Antón, etc.., entre outros moitos. 

  Non podemos esquecernos do seu estupendo 4º posto no Campionato do Mundo de medio maratón no ano 1996 (crono:  1 hora 2 minutos e 3 segundos), proba gañada polo italiano Stefano  Baldini. 

 Este é un resumo dos máis importante na súa biografía deportiva. 

 De la Torre pasou a última hora cos participantes do campus, intercambiando preguntas e respostas, onde animou, aconsellou aos máis peques, para que fagan deporte nas súas vidas, para crear un hábito saudable. 

 Ensinoulles un cadro das súas medallas máis importantes, logradas na súa carreira de deportista. Os nenos  alucinaron co peso dalgunha delas. 


Carlos de la Torre, acompañado de concelleiras de Tomiño e dun adestrador da Sociedade Atlética do Trega, participou na entrega de diplomas

 E como remate final, faríase a entrega de diplomas aos participantes a cargo de 4 membros do concello de Tomiño, con axuda tamén do noso invitado. 

 Queremos agradecer ao concello de Tomiño pola súa organización e a todas as visitas, así como á masiva participación de nenos co broche, de sobresaliente un ano máis. 

 Esperámosvos para o ano que vén. 

 Moitas grazas a  todos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario