4 de set. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

FESTA DA RECREACIÓN HISTÓRICA DA IDADE DE FERRO NA GALIZA

Está organizada polos comuneiros camposinos

Terá lugar o domingo día 22 de setembro, ás 15:30 horas, no Campo de Chans, na ladeira de Camposancos, do Monte Santa Trega



Infogauda / Camposancos

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos organiza a Festa da Recreación Histórica Idade de Ferro na Galiza. 

 O evento, que conta coa colaboración do Concello de A Guarda, da Entidade Local Menor de Camposancos e da Deputación de Pontevedra, terá lugar o domingo día 22 de setembro, ás 15:30 horas, no Campo de Chans, na aba de Camposancos, do Monte Santa Trega.

 A "Recreación Histórica Idade de Ferro na Galiza", a cargo de persoal do Museu Municipal de Etnografía e História de Póvoa de Varzim, constará de dúas partes. A primera dará comezo ás 15:45 horas e a segunda, que inclúe teatro de títeres, ás 18:00 horas.

 Entre a 1ª parte da recreación e a 2ª, actuará Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo "A voar".

 E ao longo da tarde, Argallando.

· Espazos de xogo libre con brinquedos tradicionais.
· Obradoiro de creación libre.
· Espazo de lectura/relax.

Ningún comentario:

Publicar un comentario