17 de set. de 2019

A GUARDA

A concelleira de Servizos Sociais visita o Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda 

A concelleira de Turismo e Servizos Sociais, Beatriz Lomba Rodríguez - 5ª pola esquerda - xunto a presidenta e varios membros da xunta directiva do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A concelleira de Turismo e Servizos Sociais, Beatriz Lomba Rodríguez, realizou este martes día 17 de setembro de 2019 unha visita ao Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, sito na Praza de San Bieito, nº 10 - 3º, na parte superior do inmoble onde atópase o Instituto Social da Mariña (ISM), a carón do Auditorio ao aire libre San Bieito, para coñecer á nova directiva deste club, que tomou o seu cargo o pasado 17 de xullo. 

 "Dende a Concellería de Servizos Sociais se vai a continuar o traballo de apoio e coordinación nas actividades que se organizan dende este colectivo guardés", afirmou Beatriz Lomba.  

 Segundo manifestaron dende a nova directiva, "o Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda encara unha nova etapa chea de ilusión a actividades, xa non so para os mais maiores, senón que abren as portas a todas as idades para favorecer o intercambio xeracional e interactuar coa veciñanza guardesa".  

 Ao longo do ciclo anual o Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda realiza varios cursos: bordado, bolillos, manualidades, Tai-Chi, natación,... entre outros. Tamén se organizan diferentes excursións e actividades musicais, así como o Día do Avó.

 O Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda contando no seu seo cunha coral polifónica - fundada en 1992 - e un grupo de gaitas - fundado en 1995 -, que ademáis dos correspondentes ensaios, participan en diferentes eventos tanto na Guarda como noutras localidades. 

 Todas as persoas que estean interesadas poden ampliar información ou inscribirse chamando ao 986 610 369 no horario de apertura da oficina: de 10:00 a 12:30 horas. Tamén pódense beneficiar dos descontos específicos para socios. A cuota de asociado/a ten un prezo simbólico de 1€ ao mes.  

 Tamén se organizan dúas ceas anuais, coincidindo coa primavera e o Nadal.  

 Vista parcial das instalacións do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda



 O Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda conta cunha ampla zona de bar - cafetería e unha terraza exterior con vistas á zona portuaria, instalacións abertas a todo o público e a todas as idades.  

NOVA XUNTA DIRECTIVA DO CLUB DA TERCEIRA IDADE E PENSIONISTAS DE A GUARDA

Presidenta: Mª Gloria González González 
Vicepresidenta: Isabel Martínez Martínez 
Tesoreiro: Franz Anton Krieg 
Secretario: Ramón Moiño Campos 
Vogais: Salustiano Saavedra Lamas, María José Vicente Freitas, Ángela Martínez Vicente e Josefina Rodríguez Pérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario