17 de set. de 2019

A GUARDA

Para a xestión das avarías no alumeado público 

O Concello conta cunha nova aplicación informática  

O alcalde Antonio Lomba Baz e o concelleiro Miguel Ángel Español Otero, co electricista municipal - no centro da imaxe - do Concello de A Guarda, na presentación da nova aplicación
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público que este martes día 17 de setembro o Concello de A Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio. 

 Grazas a esta nova ferramenta, que conta tamén cunha páxina web, no momento de producirse unha avaría no alumeado público, calquera usuario poderá dar conta da mesma, ben a través da APP municipal ou chamando ao teléfono 986 610 000. Nese momento o persoal municipal rexistrará esta incidencia na nova aplicación e, automáticamente coa axuda dunha tableta dixital o electricista recibirá unha notificación da incidencia e terá xeolocalizado o punto de luz onde existe a avaría, facilitando unha solución máis eficiente das incidencias no alumeado público. 

 Dende o departamento de Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba Baz manifestou que "dende fai tempo se leva traballando na mellora das xestións e procesos informáticos para converter A Guarda nunha cidade intelixente, de cara a ofertar uns servizos máis optimizados a áxiles á cidadanía".

Ningún comentario:

Publicar un comentario