28 de ago. de 2019

TOMIÑO

CARLOS MORAIS VELASCO, RESPONSABLE DE MARCHA ATLÉTICA DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO, VISITA O CAMPUS DE ATLETISMO

O pasado venres visitounos Nacho Castro Santos, monitor nacional de atletismo nivel 1, adestrador nacional de tríatlon e integrante técnico e colaborador coas Escolas de Atletismo  Millaraio (Santiago) e Atletismo Deza (Lalín)

Carlos Morales, directiva e técnicos da Sociedade Atlética do Trega

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

 O responsable de Marcha Atlética da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morais Velasco, tamén pasa polo Campus de Tomiño. 

 O pasado luns, por segundo ano consecutivo, o responsable de FGA visitounos ao campus, para dar a coñecer e promocionar a modalidade da marcha atlética aos nenos partipantes. 

 Tamén tivo tempo para asinar moitos autógrafos entre os máis pequenos, pasando unha mañá moi agradable.

 Nacho Castro cun grupo de nenos

 Tamén queremos mencionar que o pasado venres, visitounos o santiagués, Nacho Castro Santos, monitor nacional de atletismo nivel 1, adestrador nacional de tríatlon e integrante técnico e colaborador coas Escolas de Atletismo  Millaraio (Santiago) e Atletismo Deza (Lalín) mesmo participa na escola de verán do municipio en Boras (Suecia). 

Nacho Castro cun grupo reducido pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega que axudan como voluntarios no campus


 Un técnico moi novo, pero moi coñecido no ámbito galego do traballo de base e desenvolvemento da iniciación. 

 Destacar no seu currículo de técnico, o premio ao recoñecemento  que lle outorgou a Federación Galega de Atletismo ao Club  Millaraio (Santiago) como mellor equipo de base, cando el desempeñaba o cargo de responsable da categoría infantil, hai 2 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario