ACTUACIÓNS DE CULTURA NO CAMIÑO EN SAN XIÁN
Circanelo, espectáculo de circo, malabares e acrobacias interactuou cos máis novos de San Xián
Vista parcial do público que asistiu ás actuacions de onte
A actuación de Pepe Vaamonde, trío de música tradicional animou aos bailadores e ao público de San Xián
Infogauda / San Xián
Onte xoves, 22 de agosto ás 20:00 h. tivo lugar en San Xián a actuación Circanelo, espectáculo de circo, malabares e acrobacias. E ás 21:00 h. Pepe Vaamonde, trío de música tradicional que deleitou a máis de 150 persoas que se achegaron ao torreiro do barrio.
Deste xeito o Concello do Rosal quere impulsar a axenda cultural polos diferentes barrios do Rosal. Estas actuacións de Cultura no Camiño son financiadas pola Xunta de Galicia dentro das actuacións previstas no itinerario nas 10 rutas xacobeas en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario