23 de ago. de 2019

O ROSAL

A MAXIA DOS CONTOS” CHEGOU Á BIBLIOTECA DO ROSAL 

Con “A maxia dos contos”, os máis cativos tiveron a oportunidade de experimentar as sorpresas que se agochan dentro dos libros
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal

 O pasado mércores chegou “A maxia dos contos” á biblioteca do concello. Con estas actividades enmarcadas dentro do programa “Ler conta moito” o executivo municipal que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís pretende fomentar e dinamizar a lectura entre os diversos colectivos.  

 Con “A maxia dos contos”, os máis cativos tiveron a oportunidade de experimentar as sorpresas que se agochan dentro dos libros, de ser os protagonistas das historias escritas nas súas páxinas e mesmo de escribir coa forza das súas mentes un conto sobre animais. Foi unha actividade máxica na que os personaxes dos contos cobraron vida a través de monicreques e na que os asistentes riron, crearon, cantaron e ata se mergullaron nas historias que se contaron.  

 Quedan moitas máis actividades coma esta programadas para as próximas semanas. Consultade a axenda de actividades na web do concello e achegádevos ata a biblioteca, suxeriu a alcaldesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario