Presente na 15k do Atlántico 2019
«A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa», charla do investigador F. J. Costas Goberna
O venres día 27 de setembro ás 20:00 horas no Centro Cultural de Mougás
Infogauda / Oia
O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.
As inscricións para participar na 15k do Atlántico están xa abertas na web www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con case 200 inscritos na modalidade de carreira.
A carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao porto de A Guarda, onde estará a liña de meta.
As actividades programadas entorno a este evento deportivo arrancarán xa na xornada do venres día 27 de setembro ás 20:00 horas no Centro Cultural de Mougás, no termo municipal de Oia, cunha importante novidade: unha charla a cargo do historiador e investigador Fernando Javier Costas Goberna, quen falará sobre «A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa».
Fernando Javier Costas Goberna nace no ano 1953, sendo moi recoñecido polas súas aportacións ao coñecemento da Arte Rupestre do Noroeste da Península Ibérica participando en diversas publicacións, formando parte activa na vida diaria de Oia, coma membro destacado de varios colectivos coma Asociación Cultural Amigos do Mosteiros (ACAMO), a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común ou mesmo no Instituto de Estudios Vigueses.

Ningún comentario:
Publicar un comentario