28 de ago. de 2019

A GUARDA

Visita da Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores 

Estará na Guarda os días 8 e 11 de outubro 


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, deu a coñecer que a unidade móbil 9 de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase ao Concello de A Guarda os días 8 e 11 de outubro de 2019 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).  

 O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:  

•    11/10/2019 que será horario só de mañá,  

Para solicitar cita previa:      

Por teléfono: 902 30 90 00     

A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa  

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario