30º FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES
Terá lugar o sábado 31 de agosto a partires das 20:30 horas, na Praza do Calvario
Agrupación Musical do Rosal / O Rosal
Esta
fin de semana chega de novo como cada verán, unha das citas mais
esperadas na nosa localidade, o Festival de Músicos Xoves.
O
sábado 31 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das
20:30 horas o Festival de Bandas. Este ano contaremos coa participación
de dúas bandas da provincia. Intervirán a Banda de Música de Chapela, e
tamén contaremos coa Banda Escola de Música de Beade. Rematará o
festival a nosa banda baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, no que
será o seu primeiro concerto coa banda no noso concello, interpretando
un programa que non deixará indiferente o público.
A idea deste evento xurdiu coa intención de reunir no noso concello diferentes bandas que se caracterizasen por contar cun bo número de xente nova entre os seus membros, e así levar adiante un proxecto con continuidade e recoñecemento na bisbarra do Baixo Miño. Ademais, este festival pretende mostrar o importante labor que realizan as escolas de música na formación inicial dos músicos galegos e na mellora da calidade das bandas populares.
Parece que foi onte cando se empezou a celebrar e xa vamos pola 30 edición. Corría o ano 1989 cando se realizou a primeira edición, sendo un dos primeiros festivais de bandas que se organizaron en Galicia e consolidándose, co tempo, como un dos mellores, e polo cal levan pasado bandas de toda a nosa comunidade, España e Portugal.
O domingo 1 de setembro, ás 20:00 horas, será o turno das corais, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña. Contaremos coa presenza da Coral Frol Nova de Chapela, a Coral Polifónica Cantores de Arnoia (Ourense) e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario