ACTUACIÓNS CULTURA NO CAMIÑO EN PORTECELO 
O vindeiro día 22 de agosto, ás 20:00 horas, en San Xián actuará Circanelo
O vindeiro día 22 de agosto, ás 20:00 horas, en San Xián actuará Circanelo
 “Os Monifates” - a esq. da imaxe -, actuando en Portecelo  
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal 
 Máis de 150 persoas gozaron o mércores 14 de agosto en Portecelo, das actuacións do programa Cultura no Camiño, promovidas pola Xunta de Galicia. 
 “Os Monifates”, dúo formado por un músico e un artesán deleitaron ás 20:00 horas ós veciños cunha actuación con sonido diverso e dinámico e ás 21:00 horas comezou “Sue Moreno”, actriz, trapecista e bailarina, que mezclou técnicas aéreas de circo, música e teatro físico para relatar a historia dunha muller que no seu día a día intenta conciliar traballo, vida e maternidade. 
 Desde o executivo municipal do Concello do Rosal, que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, agradecen a gran acollida e a asistencia. 
 Asemade, desde o Concello do Rosal lembran que o vindeiro 22 de agosto en San Xián contaremos ás 20:00 horas con Circanelo. Circo, acrobacias e malabares e ás 21:00 horas Pepe Vaamonde, trío de música tradicional.
 
 
 
.jpg) 
 
.jpeg) 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario