16 de ago. de 2019

A GUARDA

«Arquitectura en Porispán», de Ramón González González  

O domingo día 18 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso, inaugura a exposición

Maqueta da autoría de Ramón González González, do Centro Cultural e Social de A Guarda - antigamente denominado Hospital Casa-Asilo de A Guarda, Centro Rural de Hixiene ou Centro Sanitario - e pormenores dese emblemático inmoble, orgullo da vila de A Guarda    
Fotos: Ramón González


Infogauda / A Guarda

  Desde o domingo día 18 de agosto, ás 20:00 horas, en que será inaugurada, a Casa dos Alonso, acollerá a exposición «Arquitectura en Porispán», con obras da autoría de Ramón González González.

 Na apertura da mostra, organizada pola Asociación InfoMaxe, coa colaboración do Concello de A Guarda, Ramón González González fará unha breve explicación do proceso de elaboración destas maquetas nas que se inclúen varias representacións, como a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, a igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos, a capela de San Roque, a capela das Mercedes, a capela da Guía, a capela de San Gregorio, a capela da Virxe do Camiño, de Rebordáns (Tui), a fachada da Casa do Concello do Rosal, o Centro Cultural de A Guarda, entre outras.  

 Ramón González González leva 6 anos realizando estas maquetas empregando principalmente porispán e pinturas, cun minucioso traballo que representa a escala diferentes elementos arquitectónicos da nosa comarca.  

 Esta exposición estará patente na planta baixa da Casa dos Alonso ata a primeira semana de setembro, podendo visitarse de 9:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas os días laborais, e de 19:00 a 21:00 horas os días festivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario