19 de ago. de 2019

LABORAL

A CIG gaña as eleccións sindicais na terminal de contedores de Pérez Torres no Porto de Marín  


Infogauda / Marín

 A CIG vén de gañar as eleccións sindicais que se celebraron este luns na terminal de contedores do Porto de Marín operada por Pérez Torres, ao obter seis dos nove delegados e delegadas de persoal que se elixían para o comité de empresa. Deste xeito, a central nacionalista consolida a súa presenza nunha das principais empresas de Marín e no sector marítimo portuario.  Os resultados das eleccións son os que seguen:


CIG
UGT
Votos
Delegados/as
Votos
Delegados/as
C. Técnicos
33
3
22
2
C. Especialistas
39
3
6
1
Total
72
6
28
3


 Estes resultados respaldan a liña sindical desenvolvida nestes últimos catro anos e supoñen un aval ao traballado realizado polos delegados da CIG, que consegue un resultado histórico ao pasar de contar con dous representantes no colexio de especialistas a quedar a un só voto de sacar os catro delegados que se elixían neste colexio. E isto, malia os atrancos por parte da dirección para impedir que a CIG incrementara a súa representación.  

 Neste senso, a CIG destaca a elevada participación do persoal neste proceso de eleccións e agradece a confianza depositada nas candidaturas da central nacionalista. Con este claro apoio, a CIG reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos e pola a mellora das condicións sociolaborais do conxunto dos traballadores e traballadoras de Pérez Torres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario