14 de ago. de 2019

GOIÁN / VILA NOVA DE CERVEIRA

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández chega este domingo á súa 7ª edición. 

Celebrarase entre Goián e Vila Nova de Cerveira e forma parte da programación da Eurocidade Cerveira-Tomiño 


Infogauda / Goián / Vila Nova de Cerveira

 O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández chega a súa sétima edición con trinta e dúas inscripcións previas e co prazo aberto até a propia xornada como ven sendo habitual.  

 A inscrición é gratuita e pode xestionarse na web https://eurocidadecerveiratomino.eu/formulario-vii-certame-de-pintura-ao-aire-libre-antonio-fernandez/ até o 16 de agosto e o día 18 de forma presencial en horario de 09:30 a 11:30 (hora galega) na Aula-Museo Antonio Fernández (Praza Pintor Antonio Fernández, s/nº -  Goián).  

 O tema será calqueira paisaxe do percorrido establecido do cal se entregará un mapa unha vez selados os soportes. A obra realizarase ao aire libre e in situ como ven sendo habitual.  

 A entrega das obras e exposición das mesmas será no Espazo Fortaleza entre ás 17:00 e ás 18:00 (hora galega) e só se admitirá unha obra por artista. 

 O fallo do xurado terá lugar ás 18:30 horas, sendo os premios establecidos os seguintes: 1º premio, 1.500 €, 2º premio, 500€ e o 3º premio, 500€.  

 Ademáis, as obras participantes poderán estar expostas para a súa venta a primeira semana na sala de exposicións do Centro Goianés e a segunda semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario