19 de ago. de 2019

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha 

Do martes 20 ao domingo 25 de agosto

O ferry-boat "Santa Rita de Cássia" é o principal medio de transporte fluvial entre Caminha (Portugal) e Camposancos (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

 A Oficina Municipal do Turismo do Concello de A Guarda fixo público que "esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 25 de agosto coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.  

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono: 986 611 526) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 y de 15:00 a 20:00 horas".

     

Ningún comentario:

Publicar un comentario