ACIGU-CCA celebrou o pasado sábado a Feria de Oportunidades de A Guarda
Anxo Lois Baz Vicente, concelleiro de Comercio con Carmen María García Braga, presidenta de ACIGU, na feira de oportunidades do pasado sábado
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado día 17 de agosto a Asociación de Empresarios e Industriais de A Guarda (ACIGU) - Centro Comercial Aberto celebrou xunto a un grupo de comerciantes locais unha feira de oportunidades de carácter extraordinario, autorizada pola Mesa de Comercio Local de A Guarda.
O evento tivo lugar durante todo o día na praza Avelino Vicente González, contando cunha extraordinaria afluencia de visitantes que non deixaron perder esta ocasión para aproveitar os descontos e ofertas especiais do comercio da vila e para facer as súas compras.
Anxo Lois Baz Vicente, concelleiro de Comercio, destacou na súa visita a esta feira a importancia de por en valor o comercio de proximidade, como nexo de unión para o pobo e como fonte de riqueza para as empresas locais, destacando o labor realizado na recente humanización da rúa Concepción Arenal, artellando un novo modelo de mobilidade que permita facer compras no centro do pobo con maior comodidade con desprazamentos a pé, permitindo unha maior conexión entre os potencias clientes e os comercios.
Nesta ocasión, coa nosa ubicación deste evento, achegouse aínda máis se cabe o comercio á rúa, nunha zona recentemente remodelada na que os peóns son o elemento predominante dentro desta praza e da súa contorna, nun novo modelo de mobilidade urbana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario