20 de ago. de 2019

A GUARDA

XIII Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda»  

Este sábado día 27 de agosto, ás 19:30 horas, no auditorio a ceu aberto San Bieito


Infogauda / A Guarda

 Lembramos a nosos estimados lectores, que A Guarda acollerá este sábado día 24 de agosto, ás 19:30 horas, no auditorio a ceu aberto San Bieito, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda».

  O devandito festival, unha das citas musicais máis importantes da programación estival na nosa vila, chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda.  

  Nesta ocasión participarán ás seguintes bandas de música:

· Agrupación Musical do Rosal
· Unión Musical de Allariz 
· Agrupación Musical de A Guarda 

 En caso de choiva ou mal tempo, o festival realizarase no patio cuberto do Colexio dos PP. Somascos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario