XIII FESTIVAL DE BANDAS VILA DA GUARDA
Sábado 24 de agosto, ás 19:30 horas, no auditorio ao aire libre San Bieito
Infogauda / A Guarda
Organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboración do Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra, o sábado día 24 de agosto, ás 19:30 horas, no auditorio ao aire libre San Bieito*, celebrarase o XIII Festival de Bandas Vila da Guarda.
Participarán ás seguintes bandas de música:
· Agrupación Musical do Rosal
· Unión Musical de Allariz
· Agrupación Musical de A Guarda
Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal
A banda de música da Agrupación Musical do Rosal presentouse ó público o 4 de maio de 1986, sendo o seu director Laureano Matos Barcia. Dende entón levan pasado pola agrupación varios directores: José Luis Represas Carrera (1988-1990), José Vicente Simeó Máñez (1990-2006), Diego Javier Lorente López (2006-2012), Marcel van Bree (2012-2014), Carlos Ramón Pérez (2014-2015), e dende setembro de 2015 está o cargo da dirección José Javier Bascoy Iglesias.
Dende a súa creación leva organizando innumerables actos culturais, concertos pedagóxicos, de grupos de cámara, con acompañamento coral…, e desde o ano 1989 organiza anualmente o Festival de Músicos Xoves, que xa contou coa participación de bandas das Comunidades Valenciana, e Murciana, e tamén do veciño Portugal.
É solicitada a súa participación en infinidade de certames, festivais, concertos, … e realizou importantes intercambios culturais con outras bandas galegas, así como do resto de España.
Dos premios conseguidos destacan os seguintes:
1991: 2º Premio (na máxima categoría), no Certame de Bandas Galegas celebrado en Lalín.
1995: 1º Premio no I Certame de Bandas de Música Populares Galegas, organizado pola Consellería de Cultura – Xunta de Galicia en colaboración coa R.T.V.G.
1996: 1º Premio no II Certame de Bandas de Música Populares Galegas, organizado pola Consellería de Cultura – Xunta de Galicia en colaboración coa RTVG.
1999: Premio da Música concedido pola Fundación Premios da Crítica Galicia, “pola excelente calidade conseguida dentro da moi positiva evolución das bandas populares galegas”.
2000: 2º Premio no CXIV Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” na 1ª Sección, celebrado no Palau da Música de Valencia.
2001: 2º Premio no XXX Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de Altea” (Alacante), celebrado no Palau da Música de Altea, e participando xunto coa Banda Sinfónica da Unió Musical de Llíria.
2002: 1º Premio e Mención de Honra no II Certame Provincial de Bandas de Música (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. 2003: 1º Premio no CXVII Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” na Sección Especial, celebrado na Praza de Touros de Valencia.
2003: 1º Premio e Mención de Honra no III Certame Provincial de Bandas de Música (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
2004: Premio Are-More concedido polo Concello de Vigo.
2005: 1º Premio no XXXII Certamen de Bandas de Música Civiles Amateurs de Campo Criptana (Cidade Real).
2009: 1º Premio no Certame Provincial de Bandas (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
2010: 1º Premio no Certame Zonal de Bandas da Deputación de Pontevedra (Sec. 1ª)
2011: 1º Premio no V Certame Galego de Bandas de Música (Sec. 1ª) organizado pola Federación Galega de Bandas.
2013: Premio César Dios Diosiño, Premio Provincial á Cultura 2012, outorgado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Actualmente, a banda está formada por máis de 80 compoñentes, algúns deles xa profesionais, coas súas carreiras musicais terminadas. Algúns dos compoñentes desta agrupación son membros habituais da Banda Sinfónica de Galicia, bolseiros da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), membros da Orquestra Sinfónica de Castilla y León, así como profesores de conservatorios e escolas de música.
Colaboraron con esta agrupación diversos concertistas instrumentistas de alto nivel musical e realizáronse cursos de dirección con prestixiosos mestres como Jan Cober, Rafael Sanz, Bernardo Adam Ferrero, Josep Vicent Egea, Ferrer Ferrar ou Pablo Sánchez Torrella.
A banda rosaleira, a través de encargos da Fundación O Rosal e tamén propios, estreou diversas obras para banda, compostas por Josep Vicent Egea, Juan Gonzalo Gómez Deval, Roxelio Groba ou Juan Lois Diéguez.
No referente a gravacións ten editados cinco CD propios e recentemente colaborou no último disco de Treixadura “Esa sí que é muiñada”.
Banda Unión Musical de Allariz
Banda Unión Musical de Allariz
A Banda de Música comeza os ensaios en xullo do 2013 baixo a dirección de José Manuel Vega Real, facendo o seu concerto de presentación o 15 de decembro do 2013 na Casa da Cultura de Allariz, cun cheo total, contando na actualidade cunha plantilla de 62 músicos.
A pesares de ser unha das formacións máis xoves da nosa comunidade, conta cun plantel de músicos excepcionales que se están formando na escola da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz, así coma nos diferentes Conservatorios da nosa provincia.
Na actualidade conta tamén cunha banda xuvenil canteira da banda titular, formada por 39 músicos e cunha banda de iniciación que se estreou o 5 de maio do 2017, que conta con 29 músicos.
Grazas a este compromiso por parte dos músicos, a partir do 2014 a Banda Unión Musical de Allariz pode xa levar o nome de Allariz polos diferentes pobos que a contratan. Así deste xeito xa pudo actuar no Verán do 2015 en Genovés (Valencia) e en xullo do 2016 actuou en Cadaujac, Tálence (Francia), Eibar e Ermua. No 2017 actuou en S. Miguel de Salinas y S. Isidro (Alicante).
No 2018 actuou nas Illas Azores, e no I Festival de Cantanhede (Coimbra), desenrolado durante no pasado mes de outubro.
Neste 2019 viaxará neste mes de agosto a Granada onde participará nun Festival de Bandas na poboacion de Cullar.
Nestes 4 anos de vida da Banda, a Unión Musical de Allariz estreou unha marcha dedicada a banda e pobo de Allariz titulada “Banda de Allariz” sendo o seu compositor Manuel Augusto e recentemente foi elexida polo compositor alicantino Oscar Sempere Francés para facer o estreo da súa obra “Xan de Arzúa” dedicada o 700 aniversario da Festa do Boi, de Allariz.
Actualmente a Unión Musical de Allariz está dirixida por José Manuel Vega Real.
Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda
Por iniciativa de pais e profesores do Conservatorio de Música e do Concello de A Guarda, nace en novembro de 2001 o proxecto de creación dunha Banda Xuvenil de Música formada por alumnos do Conservatorio. Despois de dous anos de formación, a xove Agrupación Musical, actúa por primeira vez en público no Festival fin de Curso 2002-03.
Pero é o 25 de xuño de 2005, cando Agrupación Musical de A Guarda, con 44 compoñentes, fai a súa presentación oficial amadriñada pola Agrupación Musical do Rosal, na Praza do Reló de A Guarda.
Dende a súa creación a Agrupación Musical da Guarda actuou en diversos actos culturais celebrados tanto na Guarda, como na Comarca do Baixo Miño: Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Baixo Miño (ano 2004), Festivais de Santa Cecilia, ciclo de concertos de verán organizados pola Concellaría de Cultura e da Asociación de comerciantes (ACIGU) anos 2003 e 2004 -, Festival benéfico de axuda aos afectados polo tsunami do sudeste asiático (ano 2004), Festival de clausura do Cine Avenida (ano 2005), Festival de Músicos Xoves de O Rosal (ano 2005), Festival a beneficio do Colexio de educación especial San Xerome Emiliani (ano 2006) no Auditorio Municipal de Goián (Tomiño), así como en distintos festivais fóra de Galicia: I Festival Nacional de Bandas de Música en Pola de Laviana (Asturias), I Encuentro Nacional de Bandas en Arroyo de la Encomienda (Valladolid), Encontro de Bandas en lanhelas (Portugal), etc. Participa tamén en moitos festivais de bandas: Vincios, Meis, Barbadás, Mos, Ortigueira, Marín, Lousame, Coruxo, Chapela, Cabral, Ribadeo, Chantada, Rianxo, Allariz, etc.
No ano 2009 participa por primeira vez no Certame Provincial de Bandas acadando o 2º premio na 3ª categoría (ata 45 músicos).
No ano 2010 participa no X Certame Provincial de Bandas conseguindo o 3º premio e no IV Certame Galego de Bandas en Santiago acadando a 4ª posición.
En agosto do 2011 grava o seu primeiro CD no Auditorio Municipal de Goián.
En 2014 participa no programa Luar da Televisión de Galicia.
En 2015 participa no III Festival Zonal de Bandas de Música da Deputación. A Agrupación ten ademais un grupo de iniciación que conta cunha una media de 30 músicos tanto nenos como adultos que forman a canteira da banda. Este grupo está dirixido por José Antonio Soutelo.
A Agrupación organiza anualmente o Concerto de Santa Icía, no mes de novembro, e o Festival de Bandas "Vila da Guarda", e ademáis ofrece concertos monográficos durante o verán, como o "Concerto pop & rock", "Un concerto de película" ou o concerto da Agrupación Musical de A Guarda con María do Ceo.
Actualmente, a Agrupación Musical da Guarda está formada por 60 músicos e dirixida dende os seus inicios por Víctor Luís Alonso Treinta.
* No caso de chuvia, o festival terá lugar no patio cuberto do colexio PP. Somascos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario