20 de ago. de 2019

A GUARDA

CURSO DE “PLANTAS MEDICINAIS”  

Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 O martes día 3 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Prantas Medicinais”. 

 Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. 

 Como obxectivos do curso destacamos: 

 · Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias.

 · Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación.

· Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas.    

· Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos.    

· Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.  

 A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os martes  dende o 3 de septembro ata o 10 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 h. 

 O custe do curso é de 6 €.   

 Para máis información: 

Asociación Érguete Baixo Miño 
Rúa Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra) 
Teléfono: 986 614 407
Correo eléctrónico: info@erguete.org   

Ningún comentario:

Publicar un comentario