Visitas guiadas, música, exposicións, feira de oportunidades,...
Infogauda / A Guarda
A Guarda prepárase para unha nova fin de semana chea de actividades para todas as idades e que arranca coa festividade do 15 de agosto, contando con exposicións, concertos, visitas guiadas, feira de oportunidades e moito máis.
XOVES 15
O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de maquetas e figuras da autoría de Praxíteles González Martínez. Este artista autodidacta rosaleiro presenta maquetas: Ponte do Tamuxe, igrexa de Santa Mariña do Rosal, muíño serradoiro, dúas vivendas,..., todos estes elementos patrimoniais do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame, de París.
Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Turismo, leva desenvolvendo un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda, este xoves terá lugar a visita singular da época moderna: “Fortaleza de Santa Cruz”.
VENRES 16
Na
xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o
patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada
ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda
reconstruída do xacemento arqueóloxico do Monte Santa Trega e que terá unha duración
aproximada de 30 minutos.
Ás
12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte
Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que
terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas
visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para
grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa
chamando ao teléfono 986 610 504. A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é
de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
Tamén no venres día 16 de agosto, ás 22:00 horas a Praza de Avelino Vicente González (onde atópase á réplica do monumento coñecido popularmente como As de Copas) acolle a segunda cita do Música nas Prazas 2019, no cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello de A Guarda e que este ano conta cun total de 3 concertos nas Prazas de San Queitano, Avelino Vicente e Os Seixiños.
Arestora é a quenda do grupo Blues do País.
Blues do País é un grupo formado por Bieitta James e Pepe King que interpretan música blues de clásicos como "Sitting on the dock of the bay" (Sentadiña no pantalán), "I just want to make love to you" (Mirarche o cu), "Killing me softly" (Matasme despacio) ou "Mercedes Benz" (Chimpín). Coa súa música amosan que é posible facer blues na lingua do país.
SÁBADO 17
O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 17 de agosto ás 10:45 horas, dende o Porto da Guarda, realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal.
Esta visita guiada, que conta coa coordinación de ANABAM, realizarase de xeito gratuíto. Terá un percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.
Inscricións no teléfono 616 180 557.
Dende o Concello da Guarda se quere agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.
Tamén na xornada deste sábado a Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU-CCA), organiza ao longo do día na Praza de Avelino Vicente unha Feira de Oportunidades na que o comercio local ofertará artigos con importantes descontos e promocións para todos os asistentes. En caso de choiva o evento aprazarase a unha nova data que se anunciará convenientemente.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega e será dunha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 18
A Casa dos Alonso acollerá este domingo a apertura da exposición Arquitectura en Porispan, do artista Ramón González González. A inauguración terá lugar ás 20:00h e o horario de visitas da mesma será de 9:00 a 14:00h e de 19:00 a 21:00h. Os días festivos de 19:00 a 21:00h.
No Centro de Interpretación das Fortalezas ubicado na Fortaleza de Santa Cruz, continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
Ningún comentario:
Publicar un comentario