VIII FESTA DO PERCEBE E DE PRODUCTOS DA TERRA E DO MAR
Os días 23,24 e 25 de agosto de 2019, na Alameda
Infogauda / A Guarda
Organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda, coa colaboración do Concello de A Guarda, Confraría de Pescadores Santa Tecla, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e Xacobeo 2021, os días 23, 24 e 25 de agosto de 2019 celebrarase na Alameda da vila, a VIII Festa do Percebe e dos productos da terra e do mar.
A carpa dese suxerente evento gastronómico abrirá súas portas o venres día 23 de agosto, desde ás 9 da tarde ata ás 12 da noite.
O sábado día 24 de agosto, estará aberta desde as 12 do mediodía ata ás 4 da tarde e desde as 8 da tarde ata as 12 de noite.
O domingo día 25 de agosto, estará aberta a partir das 12 da mañá.
Ademáis dos percebes, que constitúen o producto estrela desta celebración, haberá mexilóns, nécoras, berberechos, empanada, zorza, pementos, callos, orella, chourizos,...
Todos os días haberá actividades: inchables para nenas/os, artesanía, charangas, música, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario