29 de xul. de 2019

VIGO

CULTURA MARÍTIMA
O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Varzim e a Guarda’  

A mostra, que poderá visitarse ata o 15 de setembro, dá a coñecer os códigos de identificacións ancestrais que empregaban os mariños destas dúas localidades

Membros da Asociación Piueiro, de A Guarda con representantes da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim e a directora e colabouradores do Museu de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, no acto de inauguración da exposición 
Foto: Piueiro

Infogauda / Vigo

 O Museo do Mar de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, acolleu o sábado 27 de xullo a inauguración da exposición As marcas de pescadores. Póvoa de Varzim e A Guarda, que poderá ser visitada no espazo destinado a mostras temporais ata o 15 de setembro.  

 Ambas localidades conxugan un substrato cultural e socioeconómico similar ás beiras do océano Atlántico, por iso os pescadores e mariños compartían un código de identificación propio e ancestral co que marcaban os seus aparellos de traballo. Agora, a Asociación de Embarcacións Tradicionais O Piueiro, de A Guarda, organiza esta mostra sobre estes códigos, dos que a súa orixe se remonta ao século XVIII.  

 O Museo do Mar de Galicia representa un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo onde o visitante pode comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario