Fala, unha nena saharaui, pasará unhas semanas na Guarda
Fala - no centro da imaxe - co alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; Rita, membro da familia de acollida temporal, e representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este luns 29 de xullo o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo unha recepción a representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), grazas á cal Fala, unha nena de 10 anos de idade, vai pasar este verán na vila guardesa, cunha familia de acollida.
A petición expresa do goberno da República Árabe Saharui Democráctica (RASD), a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui leva traballando dende o ano 1991 en diversos temas humanitarios, de sensibilización política, educación, deporte, pero sen dúbida o seu proxecto estrela é «Vacacións en Paz».
Unha das finalidades da iniciativa de acollida temporal «Vacacións en Paz» é que nenos e nenas saharauis de entre 7 e 13 anos, teñan a posibilidade de escapar do verán do Sáhara - onde pódense alcanzar os 50º de temperatura - para poder ter un respiro con familias de acollida de toda Galicia nos meses de xullo e agosto. Este ano un total de 300 nenos e nenas participan nesta experiencia, na que tamén se inclúe unha atención médica grazas a colaboración da Xunta de Galicia, e a diversos convenios co Sergas e clínicas privadas.
Dende Solidariedade Galega co Pobo Saharaui resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharaui, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.
A delegada de zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui expresou seu agradecemento ao apoio recibido por parte do Concello de A Guarda, facendo un convite a todas aquelas familias que desexen participar no seu programa «Vacacións en Paz», para seren familias de acollida de cara ao verán 2020, indicando que poden contactar con este colectivo chamando ao teléfono 986 262 637.
Ningún comentario:
Publicar un comentario