Chega o V Galifornia Beat
Esta fin de semana nos arredores da Atalaia
Infogauda / A Guarda
Na noitiña deste luns día 29 de xullo a Casa dos Alonso acolleu a presentación oficial da V edición do Galifornia Beat, contando coas intervencións do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes Álvarez, e unha representación dos organizadores deste evento multicultural.
Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe -, alcalde de A Guarda, con Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes e tres membros da organización de Galifornia Beat
Foto: C.A.G.
Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe -, alcalde de A Guarda, con Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes e tres membros da organización de Galifornia Beat
Foto: C.A.G.
Antonio Lomba Baz resaltou que o Galifornia é un evento que ben merece o apoio institucional, non só pola gran cantidade de público asistente en cada edición, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.
Pola súa banda Montserrat Magallanes Álvarez quixo destacar o traballo realizado dende o Concello para ter nestes intres unhas instalacións deportivas axeitadas e acorde as demandas dun colectivo en auxe na vila, valorando moi positivamente a realización deste tipo de eventos deportivos na nosa localidade, o que demostra que a práctica deportiva é un nexo de unión para moitas xeracións na Guarda e repercute favorablemente en hábitos saudables.
O parque de patinaxe Atalaia, preto da Fontiña, no porto da Guarda e arredores, acollerán dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, oferta gastronómica e moito máis.
Contando cunha superficie total de 30.000 m2, a Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento, traballa arreo para ter todo preparado para esta fin de semana.
O V Galifornia Beat arranca o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva. Ás 19:00h terá lugar o Best Trick - en galego, o mellor truco -, seguido da batalla de galos e concertos a partires das 22:00h coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.
Xa na xornada do sábado entre as 10:00h e as 11:00h abriranse as inscricións para o aberto e Open Sub-14 e Basket. Ás 11:00h terán lugar as primeiras competicións co Basket e o Open Sub-14.
Ás 12:30h realizarase a Escola de Patinaxe para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica da patinaxe.
Ás 13:00h o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun Dj, de amenizar unha sesión vermú. A partires das 16:00h terá lugar o Open de Patinaxe e o Open de Rúa, seguido dunha exhibición de trial do rosaleiro Gabriel Marcelli ás 18:30h.
Ás 19:00h celebrarase o Open de Cunco e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.
PROGRAMACIÓN:
Venres
día 2:
14:00 Apertura de pista
19:00 Best trick (O mellor truco)
20:00 Batalla de Galos + Home Fósforo X Zboy
22:00 Concertos: Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts
Despois da festa, sesión Dj nas Pozas.
19:00 Best trick (O mellor truco)
20:00 Batalla de Galos + Home Fósforo X Zboy
22:00 Concertos: Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts
Despois da festa, sesión Dj nas Pozas.
Sábado día 3:
10:00 - 11:00 Inscripcións abertas e Open Sub-14 e
Basket
11:00 Competición Basket e Sub-14
12:30 Escola de Patinaxe
13:00 Concerto Sesión Vermut: Indy Tumbita & The Voodoo Bandits + Dj (sesión vinilo)
16:00 Open Patinaxe
17:00 Open Rúa
18:30 Exhibición de trial con Gabriel Marcelli
19:00 Open Cunco
21:00 Entrega de premios e Concertos: Spoonful e The Soul Jacket
Despois da festa, sesión Dj nas Pozas.
11:00 Competición Basket e Sub-14
12:30 Escola de Patinaxe
13:00 Concerto Sesión Vermut: Indy Tumbita & The Voodoo Bandits + Dj (sesión vinilo)
16:00 Open Patinaxe
17:00 Open Rúa
18:30 Exhibición de trial con Gabriel Marcelli
19:00 Open Cunco
21:00 Entrega de premios e Concertos: Spoonful e The Soul Jacket
Despois da festa, sesión Dj nas Pozas.
Dende o Concello de A Guarda convídase
a participar e gozar da ampla programación de actividades desta V edición do
Galifornia Beat, un evento que xa se consolida no calendario estival da vila
guardesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario