11 de xul. de 2019

TOMIÑO

Unha ducia de persoas recollen cinco sacos grandes de lixo a través dunha ruta en kaiak organizada polo Concello

Entre os obxectos atopados, figuran rodas de vehículos, botellas de plástico e cristal, bolsas, macetas, tenis, envases de comida, etc.  


Unha ducia de persoas voluntarias participaron onte na actividade de recollida de lixo en kaiak, organizada polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Unha ducia de persoas voluntarias participaron onte na actividade de recollida de lixo en kaiak, organizada polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O percorrido iniciouse e rematou nunha zona próxima ao embarcadoiro de Goián, pasando por debaixo da ponte internacional até á altura do Lenta (Vila Nova de Cerveira), aproximadamente.

 Os voluntarios e voluntarias recolleron cinco sacos de grandes dimensións con todo tipo de lixo; sobre todo, botellas de plástico e cristal, macetas e bolsas plásticas, tenis, chanclas, envases de comida, etc., sen contar un bo número de neumáticos de vehículos de diferentes tamaños, coma xa ocorrera en anos anteriores. Desde a OMIX queren dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade de valor ambiental e respecto ao medio; un dos temas nos que o Concello está a traballar de forma transversal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario