11 de xul. de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXPOSICIÓN “VIVENCIAS“

Unha mostra de fotografía baseada na intuición e na percepción entre o cálido e o frío, entre o familiar e o descoñecido. 

● A exposición inaugúrase o venres 12 de xullo no Museo do Pobo Galego e poderá visitarse ata o 15 de setembro. 


Infogauda / Santiago de Compostela

 A Embaixada da República de Eslovaquia e o Concello de Santiago de Compostela inauguran o vindeiro 12 de xullo, ás 19:00h, a mostra fotográfica “Zážitky/ Vivencias”. 
 
 Zážitky indaga no xeito de entender as imaxes, interpela ao espectador na súa interpretación emocional e inmediata. O uso da cor -ou a súa ausencia- establece unha lectura baseada na intuición e a percepción entre o cálido e o frío, entre o familiar e o descoñecido. O emotivo equilíbrase cando a experiencia e as vivencias de cada ser humano crean e orixinan un significado. 

Itinerancias 
Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya (Barcelona) 24.02 - 07.04 2016 
Centro Cultural Casa del Reloj/ Matadero (Madrid) 29.09 - 29.10 2016 
Centro de Iniciativas Culturales/ CICUS (Sevilla) 01.06 - 30.06 2017 
Centro Municipal Ibaiondo (Bilbao) 07.09 - 30.09 2018 

Lea Tyrallová 
 Lea Tyrallová nace en Nitra (Eslovaquia) no 1984. Despois dos seus estudos de Filoloxía Portuguesa na Universidade de Masaryk (República Checa) trasládase a España onde fixa a súa residencia permanente desde 2009, e cursa estudios de Fotografía no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya. 

 No 2012 gaña o primeiro premio no Concurso de Fotoxornalismo CLIC que inclúe a exposición do Proxecto Lucas dentro do marco do Festival OFF de Visa pour L’Image en Perpiñán, Francia. 

 No 2013 expón, conxuntamente coa fotógrafa Montse López, as súas series Micropoemas e Poesías, na Galería II Mondo de Barcelona. 

 Coa serie en soporte polaroid titulada No llames a casa, participa na mostra colectiva Barcelona mira en negre, na Galería Valid Foto Bcn, coma parte do Festival BCNegra. 

 No centro do seu proceso creativo atópase a investigación visual previa ao traballo de campo, o uso do arquivo e a indagación sobre o tema da memoria e o desenvolvemento dunha linguaxe fotográfica propia. 

Zážitky / Vivencias. 

Do 12 de xullo ao 15 de setembro. 
Museo do Pobo Galego 
Costa de San Domingos, s/n 
15703 Santiago de Compostela

Inauguración: venres 12 de xullo, ás 19:00 horas. 

Prégase confirmación de asistencia a emb.madrid@mzv.sk e/ou vwdiplomaciacultural@gmail.com 

Organizan:
· Embaixada da República de Eslovaquia en Madrid
· Concello de santiago de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario