3 de xul. de 2019

TOMIÑO

Robótica, retoque fotográfico e drons, entre as propostas da Aula CeMit durante o verán 

Para realizar a inscrición pódese enviar un correo a cemit.tomino@xunta.gal ou un Whatsapp ao 626 692 313  


 Infogauda / Tomiño

 A Aula CeMIT de Tomiño promoverá varios cursos durante este verán, especialmente dirixidos á mocidade tomiñesa. As accións previstas son as que seguen:  

–ROBÓTICA PARA TODOS. 15 de xullo de 9.30 a 13.30h. Dirixido a persoas entre 9 e 16 anos, tendo como obxectivo espertar, motivar e fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude.  

–RETOQUE FOTOGRÁFICO e EDICIÓN DE VÍDEO. Entre os días 16 de xullo e o 14 de agosto, de luns a venres de 9.30 a 11.30 horas.  

 Tamén se ofertarán cursos de DRONS, VIDEOXOGOS E ANIMACIÓN 3D e CREACIÓN DE APPS PARA ANDROID.  

 A Aula CeMIT permanecerá pechada entre o mércores 3 e o luns 8 de xullo, polo que para realizar a inscrición pódese enviar un correo electrónico a: cemit.tomino@xunta.gal, ou ben, un Whatsapp ao número 626 692 313, cos datos da persoa (nome, teléfono de contacto) e curso ou cursos nos que estaría interesada/o.

Ningún comentario:

Publicar un comentario