VELA
Cuarta praza para os galegos Nacho Campos e Yolanda Bastos
No Mundial Master da Clase 470
Disputado en Gravedona, Lago di Como, do 15 ao 20 de xullo de 2019
Nacho Campos e Yolanda Bastos, do Club Deportivo Alagua, de A Guarda navegando no Lago di Como
Informa: Héctor Carrero*
A tripulación do Club Deportivo Alagua, de A Guarda, formada polos vigueses Nacho Campos e Yolanda Bastos acariñou o pódium na categoría Apprentice do Mundial Master da Clase 470 que se disputou a pasada semana na localidade italiana de Gravedona.
O pouco vento foi o protagonista no Lago di Como, así os 80 equipos participantes só puideron disputar 4 das 12 mangas programadas.
A tripulación galega finalizou en 16ª posición da xeral sendo cuartos na súa categoría (Apprentice Masters), despois dunha bonita loita contra tripulacións alemás e suízas, recaendo a vitoria nos suízos Michael Kyburz e Fabian Küttel, empatados a 4 puntos cos alemáns Julian Hipp e Florian Tang. O bronce leváronllo os vencedores de 2018, o suízos Marco Bergamin e Pascal Bosshard, con 8 puntos mentres que a parella galega obtiña 11 puntos. Na clasificación xeral os vencedores foron os italianos Luca Gamba e Stefano Barbarini.
A representación española completárona os estremeños José Santiso e José Pérez, do Centro Ibérico de Vela, que obtiveron a 14ª posición na clase Grangranmasters.
* Membro do Club Deportivo Alagua, de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario