17 de xul. de 2019

CAMINHA

A ALCALDESA  E A CONCELLEIRA DE CULTURA E MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DO ROSAL, MANTIVERON UNHA REUNIÓN CON MIGUEL ALVES, PRESIDENTE DA CÂMARA MUNICIPAL DE CAMINHA

Ánxela Fernández Callís, Miguel Alves e Sara Vicente Salcidos, na Praça Conselleiro Silva Torres, en Caminha  
Fotos: C.O.R.

Infogauda / Caminha

 Hoxe tivo lugar en Caminha unha reunión entre Ánxela Fernández Callís, a alcaldesa do Concello do Rosal, Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura e Medio Ambiente e Miguel Alves, presidente da Câmara Municipal de Caminha. 


Miguel Alves, presidente da Câmara Municipal de Caminha, con Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal e Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura e Medio Ambiente do Concello do Rosal
 
 O executivo municipal do Concello do Rosal que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís fixo público que "o obxectivo desta reunión é comezar a tender pontes entre a Câmara e o Concello para conseguir traballar de xeito colaborativo no ámbito da programación lúdica, cultural e deportiva de ambos municipios. 

 Para nós é moi importante que o Río Miño deixe de ser unha barreira e se converta nun espazo transfronteirizo cheo de oportunidades, polo que é fundamental comezar a traballar conxuntamente entre ambas marxes do noso río propiciando un entorno que favoreza unha maior dinamización dos nosos pobos. 

 Nas próximas datas teremos o pracer de contar no Rosal coa visita do equipo de goberno e o presidente da Câmara de Caminha co que comezaremos a traballar conxuntamente".

Ningún comentario:

Publicar un comentario