XXVI ENCONTRO DOS POBOS
Os días 25, 26, 27 e 28 de xullo de 2019
Ricardo Rodríguez Vicente / O Baixo Miño
Organizado polo Grupo Do Lusco ó Fusco, de A Guarda, os días 25, 26, 27 e 28 deste mes de xullo de 2019, celebrarase o XXVI Encontro dos Pobos.
Nese evento de carácter internacional, colaboran a Deputación de Pontevedra, a Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) e os Concellos de Oia, Tomiño, A Guarda e O Rosal.
A programación desta edición comezará o xoves día 25 de xullo, ás 21:30 horas, na Praza do Calvario, no Rosal, coas actuacións das seguintes agrupacións:
· Do Lusco ó Fusco, da Guarda
· Steirischer Schwung, de Austria
· Poligrodzianie, de Polonia
O venres día 26 de xullo, ás 22:30 horas, na praza do Seixo, de Tomiño actuarán ás seguintes agrupacións:
. Virxe do Alivio, de Tomiño
· Do Lusco ó Fusco, da Guarda
· Steirischer Schwung, de Austria
· Poligrodzianie, de Polonia
O sábado día 27 de xullo, ás 22:00 horas, na carpa da Festa do Peixe Espada, da Guarda actuarán ás seguintes agrupacións:
· Xamaraina, da Guarda
· Vento Mareiro, da Guarda
· Do Lusco ó Fusco, da Guarda
· Steirischer Schwung, de Austria
· Poligrodzianie, de Polonia
E o domingo día 28 de xullo, ás 20:00 horas, diante do mosteiro de Oia, actuarán ás seguintes agrupacións:
· A Fiada, de Viladesuso
· Do Lusco ó Fusco, da Guarda
· Steirischer Schwung, de Austria
· Poligrodzianie, de Polonia
Co pano de fondo da beleza da comarca do Baixo Miño, o Encontro dos Pobos é un destacado evento anual que serve de escaparate do folclore que cultivan non soio os grupos da nosa comarca, senón os de outros países do entorno europeo. E ao mesmo tempo, contribúe ao coñecemento mutuo das persoas que integran as diferentes agrupacións participantes, coas cales o Grupo Do Lusco ó Fusco, como entidade anfitrioa, desenvolve intercambios culturais.
Os Encontros dos Pobos é toda unha embaixada de amizade sen fronteiras. E é tamén, un labor magnífico de difusión do noso patrimonio inmaterial e dos atractivos turísticos desta zoa transfronteiriza, que ven contando co apoio institucional, e co de tódolos grupos participantes, xa que sen eles non sería posible levar este evento a bó termo.
Os Encontros dos Pobos é toda unha embaixada de amizade sen fronteiras. E é tamén, un labor magnífico de difusión do noso patrimonio inmaterial e dos atractivos turísticos desta zoa transfronteiriza, que ven contando co apoio institucional, e co de tódolos grupos participantes, xa que sen eles non sería posible levar este evento a bó termo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario