RESERVA DE PRAZAS
Xeira nocturna polo mar de Baiona: Toponimia, talasonimia e naufraxios. Conferencia e visita.
Mércores 17 de xullo ás 20:30h. Capitanía Marítima de Baiona
IEM / Baiona
Comeza o prazo de apertura para inscribirse na xeira nocturna "Polo mar de Baiona: Toponimia, talasonimia e naufraxios" dende este mércores 10 de xullo ata o 16 de xullo no teléfono 986 360 575 dende as 10:00h ás 13:00h.
Esta xeira terá lugar o mércores 17 de xullo e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.
O punto de encontro será a Capitanía Marítima ás 20:30h; o embarque será ás 21:45h e o regreso ás 24:00h.
Para participar hai que reservar a praza chamando ao teléfono antes mencionado e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo oficina@iem.gal no día posterior a reserva.
O prezo por persoa e o número de conta son os seguintes:
PREZO SOCIOS/AS: 12 euros
PREZO NON SOCIOS/AS: 15 euros
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario