A V edición do torneo 3x3 de baloncesto Vila da Guarda celebrarase o 20 de xullo
Nas instalacions do Club de Tenis Codesal
A concelleira de Deportes - 2ª pola esq. - e o alcalde de A Guarda - no centro da imaxe - con membros do clube Baixo Miño Basket e o coordinador - 1º pola der. - do torneo
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Representantes do clube Baixo Miño Basket, a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes Álvarez e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, mantiveron unha reunión para seguir buscando puntos de encontro para a consolidación deste clube na vila, así como para presentar esta edición do torneo ca que colabora o concello guardés.
Fernando Cajaraville, presidente do Baixo Miño Basket, puxo énfase no salto de calidade desta 5º edición, destacando que “por un lado, queríamos aumentar a calidade do torneo, pero seguir manténdoo ao aire libre, como comezou. A oportunidade de colaborar co Club de Tenis Codesal era algo que non podíamos desaproveitar. Ademais de poder contar cas instalacións do club, o entorno é idílico, na mesma beira do rio Miño. Cada ano queremos que sexa máis profesional, pero sempre tentando desfrutar do día e confraternizar con xente que ven de moitas zonas de Pontevedra. Esta é xa a quinta edición e para moita xente amante do basket xa está nos calendarios de verán.”
Jose Collazo, coordinador do torneo, quixo agradecer a todas as partes involucradas na organización do torneo, “ademais da xente do club, todo isto non sería posible sen os apoio dos patrocinadores. Sen eles non sería posible sacar adiante esta quinta edición. E tamén as anteriores. Cada ano temos xente distinta que quere colaborar connosco e agradecemos as cerca de cincuenta empresas da vila que puxeron o seu grao de area durante estes cinco anos. E tamén ao concello que foi o que apostou por este evento nas súas dúas primeiras edicións ata que nos pediron liderar dende o club a organización. O basket segue crecendo na Guarda, este ano tamén anunciamos a colaboración do club co Galifornia Beat onde organizaremos un torneo de 2x2 para cativos e cativas menores de 16 anos.”
O sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda, organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 9:30h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do rio Miño.
Para máis información e a inscricións debese remitir un correo electrónico a dirección club.baloncesto.bmb@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario