10 de xul. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS VAI CELEBRAR UNHA XUNTA XERAL EXTRAORINARIA

O sábado día 13 de xullo de 2019, ás 15:00 horas, en primeira convocatoria e ás 17:00 horas, en segunda



 Infogauda / Camposancos

  A petición do presidente da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez, a secretaria Lucía Martínez Diz emitiu e fixo pública unha convocatoria a todos os comuneiros para unha reunión da Xunta Xeral, con carácter, data, hora e lugar que se detallan a continuación:

 Carácter: Sesión Extraordinaria
 Lugar: Casa Cultural da Comunidade de Montes
 Data: Sábado, 13 de xullo de 2019
 Hora: en primeira convocatoria, ás 15:00 horas
 En segunda ás 17:00 horas

 Coa seguinte Orde do Día:

Punto 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Punto 2.- Debatir e aprobar ou rexeitar a concesión do Hotel Pazo Monte Santa Trega, a unha empresa de Hostelería.
Punto 3.- Denunciar, se procede, a empresa Hnos. López por realizar traballos no tendido eléctrico en terreos da CMVMC de Camposancos sin autorización da Comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario