"O Buxeiro" organiza unha gran recollida de plásticos
Infogauda / A Guarda
O vindeiro domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.
Esta actividade, que contará coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, realizarase por diferentes puntos da costa guardesa, tentando eliminar aqueles restos de plásticos que se atopen pola costa.
O punto de reunión será a Alameda da vila ás 8:00h da mañá, onde repartiránse guantes e bolsas e explicarase como será o funcionamento desta actividade, para a cal non é preciso inscrición previa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario