15 de xul. de 2019

A GUARDA

O Concello oferta visitas guiadas polo casco urbano 

Terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro


Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Turismo do Concello de A Guarda ven de poñer en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro. 

 As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló. 

 Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”. 

 A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos. Unha magnífica oportunidade para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.  

Horarios da Rede de Museos 

 A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), o Museo do Mar e o Centro de Interpretación das Fortaleza, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival. 

• Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT): De martes a domingo de 9:00 a 21:00h; e de 10:00 a 20:00h no mes de setembro. 

• Museo do Mar: As fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

• Fortaleza de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00 a 21:00h. 

• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño (ubicado na Fortaleza de Santa Cruz): As fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberta de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario