29 de xul. de 2019

A GUARDA

Historia comercial e industrial guardesa: Desde mediados do século  XX ata a actualidade

Esa exposición será inaugurada o día 1 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa dos Alonso
 

 Infogauda / A Guarda

 O próximo día 1 de agosto ás 20:30 horas, na Casa dos  Alonso, a Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU) -  Centro Comercial Aberto (C.C.A.) procederá á inauguración da exposición Historia comercial e industrial guardesa: Desde mediados do século  XX ata a actualidade.  

 Con esta mostra ACIGU tenta realizar unha viaxe durante os últimos 70 anos da vida comercial e industrial guardesa, a través da súa publicidade. A asociación pretende que exista un diálogo entre o visitante e a exposición.  

 Mediante os anuncios que figurarán na mostra, os organizadores queren que os maiores realicen unha viaxe ao pasado dos seus recordos: ás tendas que na súa nenez e a evolución que tiveron xunto aos negocios da nosa vila.   

 Para os máis novos é unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas eran noutros tempos, así como as ferramentas que se utilizaban que agora está en desuso e/ou substituídas por novas tecnoloxías. Existían números de teléfono con 1, 2 ou 3 díxitos, utilizábanse direccións telegráficas,  télex,…. Tamén mudou a forma de promocionarse. Antigamente realizábase maioritariamente en impresión (carteis, xornais,...). Na actualidade a través de redes sociais. 

 Tamén poderán ver as denominacións das rúas noutros tempos, e a  relación existente xa naquelas épocas con outras áreas, como Vigo e Norte de Portugal.

 Con esta mostra ACIGU non pretende valorar a presenza de tal marca ou empresa, senón a evolución que tivo a nosa localidade co seu tecido comercial e industrial, así como a gran cantidade e a calidade de grandes emprendedores que tivo esta vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario