XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA
A GAMELA E O VOLANTEIRO XA COMENZARON SÚA SINGRADURA POSTAL
Coa posta en circulación de dous selos e mataselos conmemorativos, concedidos pola Dirección Xeral de Correos
Luciano Lomba Vicente - a der. da imaxe -, con Rosa Silva Rivera, Celso Rodríguez Fariñas e Marcelino Portela Lorenzo, no intre da posta en circulación do mataselos e selos conmemorativos
Fotos: Infogauda
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Ainda que o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia non comeza oficialmente ata o vindeiro xoves día 11, a programación cultural dese evento xa soltou amarras. E fíxoo na tardiña deste luns día 8 de xullo de 2019, coa posta en circulación de dous selos, unha tarxeta, un sobre e un mataselos conmemorativos, dese importantísimo evento vencellado ao Patrimonio Marítimo.
Nun dos selos, reprodúcese unha fotografía antiga da autoría de Felipe Prósperi Cortechi (Italia, 1814 - Vigo, 12 de maio de 1899), que forma parte do Arquivo Pacheco, do Concello de Vigo, e que segundo a investigadora e fotógrafa Fernanda Padín Ogando, debeu ser tomada en 1892. Nesa imaxe fotográfica pode apreciarse perfectamente o varadoiro da Ribeira, no porto de A Guarda, onde atopábase varada unha importante frota de volanteiros, molleiros e gamelas. Cecais a fotografía foi tomada nalgún mes do inverno e os mariñeiros non sairan a faenar.

Esa mesma fotografía foi a que a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro elexiu como para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Dese xeito figura en toda á cartelería editada, programas de mán, etc., e tamén foi a imaxe que a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG) decidiu pór nas tarxetas e sobres que editou para a mostra filatélica adicada ao Mar, que hoxe inaugurou.
Mataselos, selos, sobres e tarxetas postais da exposición filatélica adicada ao Mar
O outro selo conmemorativo reproduce unha fotografía antiga dunha gamela que entra no porto de A Guarda coa vela despregada.
Presidido por Luciano Lomba Vicente, presidente da SFNG e coa presenza de varios directivos e asociados desa entidade, así como de Celso Rodríguez Fariñas, en representación da Asociación Piueiro, o acto da posta en circulación de devandito material filatélico contou tamén coa participación de Rosa Silva Rivera, directora en funcións da oficina de Correos de A Guarda, por atoparse de vacacións José Luis Franco Rodríguez, director titular da devandita oficina postal.
Trala posta en circulación do mataselos e selos conmemorativos, concedidos a S.F.N.G. pola Direción Xeral de Correos, deuse por inaugurada a exposición filatélica na que participan as seguintes coleccións:
· "Un vocabulario para el mar", de Isidoro Dans Lomba.
· "Correspondencia entre aguas", de Marta Verde Rodríguez.
· "Surcando las aguas", de Mª Teresa Castro Martínez.
· "Los faros, el origen de las señales marítimas", de Manuel Martínez Rial.
· "Faros y otras ayudas a la navegación", de Miguel Martínez Pérez.
Ademais desas coleccións, tamén expóñense dibuxos e fotografías de José Carlos Castro Martínez.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro día 14 de xullo, nos seguintes horarios:
· De 10:00 a 13:30 horas.
· De 18:00 a 21:00 horas.
Vista parcial da exposición filatélica adicada ao Mar
Na imaxe algunhas das obras de José Carlos Castro Martínez
Trala posta en circulación do mataselos e selos conmemorativos, concedidos a S.F.N.G. pola Direción Xeral de Correos, deuse por inaugurada a exposición filatélica na que participan as seguintes coleccións:
· "Un vocabulario para el mar", de Isidoro Dans Lomba.
· "Correspondencia entre aguas", de Marta Verde Rodríguez.
· "Surcando las aguas", de Mª Teresa Castro Martínez.
· "Los faros, el origen de las señales marítimas", de Manuel Martínez Rial.
· "Faros y otras ayudas a la navegación", de Miguel Martínez Pérez.
Ademais desas coleccións, tamén expóñense dibuxos e fotografías de José Carlos Castro Martínez.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro día 14 de xullo, nos seguintes horarios:
· De 10:00 a 13:30 horas.
· De 18:00 a 21:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario