DEPORTES
Recepción oficial á atleta guardesa Elsa Pena Vicente
Elsa Pena Vicente - no centro da imaxe - xunto ao alcalde e a concelleira de Deportes do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Este luns día 8 de xullo de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes Álvarez, recibiron na Casa do Concello á deportista Elsa Pena Vicente, que xunto co seu pai estiveron reunidos amosando todo o seu traballo deportivo e o seu extraordinario palmarés.
Nesta recepción Elsa Pena recibiu un ramo de flores e unha placa, así coma unha carta de distinción na que o alcalde transmítelle as súas felicitacións polos éxitos acadados durante este ano 2019, destacando que é un referente para a veciñanza da Guarda, non só polos seus meritorios triunfos, senón pola maneira de desfrutar facendo aquilo que lle gusta e pola súa ilusión e gañas.
Dende o Concello da Guarda quérese animar a Elsa Pena a que continúe progresando e mellorando como deportista e como persoa, para que o deporte, parte importante da súa vida, siga proporcionándolle alegrías e bos momentos.
Elsa Pena ten un palmarés moi importante, tendo participado dende os seus inicios, en máis de 300 competicións, destacando neste ano 2019, entre outros moitos, os seguintes éxitos en probas deportivas:
· 1º posto no
Campionato Galego de Pista cuberta 3000 ml en Ourense
· 2º posto na Copa
de Europa de triatlón indoor en Lievin, Francia
· 1º posto no
Clasificatorio para o Campionato do Mundo Triatlón en Madrid
· 1º posto no
Campionato de Europa triatlón relevos mixtos
· 1º posto no
Campionato de Europa triatlón individual
por autonomías
Ningún comentario:
Publicar un comentario