30 de xul. de 2019

A GUARDA

GESTIÓN DEMOCRÁTICA SOLICITA A ADHESIÓN  DO  CONCELLO DA GUARDA  NA  REDE DE  CIDADES POLA BICICLETA  

E A CREACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE CICLISTA

Foto cedida por Gestión Democrática

Infogauda / A Guarda 

 Gestión Democrática, organización política que concorreu na Guarda, por vez primeira, ás eleccións municipais do pasado 26 de mayo de 2019, ainda que non acadou ningunha acta de concelleiro, e que lidera Xermán Cordero Verde, indica que están a levar nunha serie de iniciativas, un proxecto que se denomina Proxecto Ecoloxía Urbana 

 Este  proxecto de  Ecoloxía Urbana - segundo indica Xermán Cordero - consiste en  dúas fases, o estudo de como podemos  mellorar a ecoloxía urbana, punto que xa demos por finalizado, e a creación de  mocións  coa conclusión  deste  proxecto. 

 Hoxe,  foi a  primeira vez que  fixemos a primeira moción onde solicitabamos: 

 1. Adhesión  do  Concello de A Guarda ao  proxecto da  Rede de  Cidades  pola Bicicleta. 

 Onde a parte  desta medida solicitabamos tamén: 

 2. Iniciar os trámites administrativos necesarios para a creación  dun Plan de Mobilidade Ciclista onde se inclúa unha mesa da  mobilidade onde  suxerimos que estén todos os partidos políticos representados (PSOE, PP, BNG,  Converxencia  Galega, Xestión Democrática), Policía Local e  asociacións. Nesta mesa pretenderase unha incrementación de carril mixto (peonil, ciclista)  e o estudo de  novas peoanalizacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario