30 de xul. de 2019

O BAIXO MIÑO

CRUZ VERMELLA ORGANIZA NOVAS ACTIVIDADES DE VERÁN PARA MAIORES DE 55 ANOS  

Unha delas en Pedornes (Oia) e a outra en Camposancos (A Guarda



 Cruz Vermella / O Baixo Miño

 Durante o mes de agosto, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Baixo Miño comeza o desenvolvemento de varias actividades de carácter lúdico e saudable, destinadas a persoas maiores de 55 anos.  

 Estas sesións son o complemento das actividades que xa desenvolvemos durante todo o ano.  

 Os roteiros previstos en serán as seguintes:  

ACTIVIDADE 1: 12, 19 e 26 de agosto en Pedornes.
-  Taller de Uso do teléfono móbil.  

ACTIVIDADE 2: 13, 20 e 27 de agosto en Camposancos. 
- Taller de pintura   

 A inscrición é gratuíta e poderá realizarse na sede de Cruz Vermella Baixo Miño, situada na rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo, a partir do 31 de xullo, ou no  teléfono: 986 614 609.    

 Estas actividades pertencen ao programa e atención a persoas en proceso de envellecemento, financiados polo  Ministerio de  Sanidad,  Servicios Sociales e  Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida e relacións sociais.  

 Para poder participar nas actividades, bastará con inscribirse ademais as persoas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca.  

 Para máis información dirixirse a:   

 Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño 
 Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo
 A Guarda  
 laguardia@cruzroja.es    
 Teléfono: 986 614 609

Ningún comentario:

Publicar un comentario