20 de xuño de 2019

TOMIÑO

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño presenta catro producións propias na mostra de fin de curso 

O sábado próximo ás 20:00h, actuará o Grupo Xuvenil, coa obra “TV Desastre” e ás 22:00h, farao o Grupo de Adultos con “O Balneario”, ambas representacións no auditorio goianés  


Infogauda / Tomiño

 Un ano máis, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño, presenta a súa mostra de final de curso. Será esta fin de semana e a seguinte no auditorio de Goián e na Casa da Cultura.  

 O sábado ás 20:00 horas actuará o Grupo Xuvenil, coa obra “TV Desastre” e ás 22:00, farao o Grupo de Adultos con “O Balneario”, ambas representacións no auditorio goianés.  

 O domingo ás 20:00h será o Grupo Infantil quen presente “Os Ovos Misteriosos”. A continuación, o Grupo Infantil porá en escena outra peza teatral titulada “Tod@s somos diferentes”.  

 Por outra banda, o domingo 30 de xuño, a partir das 21:00h o Grupo de Adultos volverá a representar “O Balneario” pero esta vez na Casa da Cultura.  

 Dende hai varios anos as profesoras Alba Tamara e Beatriz Campos, do grupo Migallas Teatro, imparten as clases dos diferentes grupos de idade da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, comezando nun primeiro momento o grupo infantil e creándose logo o xuvenil. O grupo de adultos comezou o ano pasado e fórmao unha ducia de participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario