25 de xuño de 2019

O ROSAL

SINATURA CONVENIO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA  


Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal, no salón de sesións da Deputación de Pontevedra, no acto de sinatura do convenio
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 No día de onte, Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Concello do Rosal asistiu ao acto de sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra para un proxecto europeo de aforro e eficiencia enerxética.  

 O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nos 43 concellos que acolléronse ao mesmo, e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns “achégaos a Unión Europea. É fundamental que sigamos formando parte dela, porque iso permítenos dispoñer de moitos recursos cos que pór en marcha proxectos de futuro”. A Deputación obtivo estes recursos a través dunha convocatoria do IDAE, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario