25 de xuño de 2019

SALCEDA DE CASELAS

O “BIGOBIERNO” CASTIÑEIRA-TOURÓN CUSTARÁ AOS SALCEDENSES UN 40% MÁIS QUE O DO POPULAR RODRÍGUEZ DAILA CUNHA SOLA ALCALDÍA
 
Movemento Salceda e PSdeG terán seis dedicacións e un cargo de confianza, o que sumará un total de 240.000 ao ano

Os gobernos de BNG, MS e PSdeG custaron aos veciños a friorenta de catro millóns de euros


Santiago Rodríguez Davila, portavoz do Partido Popular no Concello de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Casela

 O PP de Salceda de Dolores critica que o novo "bigobierno" de Dolores Castiñeira e Verónica Tourón vaia a custar a todos os veciños un 40% máis do que supoñería un executivo popular con Santiago Rodríguez Davila na Alcaldía. No pleno que terá lugar o vindeiro xoves ás 21:30 horas aprobaranse seis dedicacions, tres exclusivas e tres parciais con soldos elevados, e un cargo de confianza.

 En total, este bicefalia supoñerá un cargo para as arcas públicas de 240.000 euros ao ano, un millón durante a lexislatura de catro anos. Un auténtico malgasto que xa tiñan pactado antes do pleno de investidura e que demostra que o único obxectivo de Castiñeira e Tourón é utilizar o Concello como fonte económica durante catro anos, e isto só é o principio de todo o que Movemento Salceda (MS) e PSdeG acordaron antes de entrar ao auditorio e deixar constancia do engano aos seus propios votantes, argumenta Rodríguez Davila. 

Catro millóns de euros 

 O PP comprometeuse durante a campaña electoral a reducir nun 20% o custo do goberno encabezado por Marcos Besada. Con todo, segundo afirma Santiago Rodríguez Davila "as alcaldesas" decidiron “ignorar por completo as necesidades do pobo” e optaron “por aumentar o gasto público ampliando as dedicacións e incluíndo un cargo de confianza, aínda por riba”

 O portavoz popular afirma que nos últimos 16 anos de xestión do BNG, PSdeG e MS os salcedenses pagaron case catro millóns de euros en soldos e persoal de confianza, unha cantidade inasumible para un concello de menos de 10.000 habitantes.

 “Outros municipios co dobre de poboación non teñen nin a metade de dedicacións que en Salceda”, apostila Rodríguez Davila, quen augura que no pleno do xoves “verase a auténtica cara deste matrimonio de conveniencia”. Por este motivo, anima a todos os veciños de Salceda a “ser testemuñas” de “un espectáculo” que “tristemente será un retroceso para o benestar dos salcedenses”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario