PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 1 AO VENRES 5 DE XULLO DE 2019
Martes, 2
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da exposición “CONSERVAR É MEDRAR” do novo artista pontevedrés Fernando Búa Domínguez, quen ofrece nesta mostra unha selección de obras feitas a plumilla desde que tiña só 9 anos ata a actualidade que ten 16, centradas especialmente na historia da cidade de Pontevedra e arredores, así como no seu patrimonio etnográfico baseándose en fotografías de finais do século XIX e principios do século XX.
A mostra “CONSERVAR É MEDRAR” poderá visitarse nas Salas A e B da Casa de Galicia ata o 28 de xullo; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Xoves, 4
19:30 horas
Presentación do libro "La traición en la historia de España", de Bruno Padín publicada por Ediciones Akal. Un ensaio de case 700 páxinas nas que o autor reflicte unha das cuestións máis sanguentas das relacións humanas: a traizón e no que ofrece “unha historia afastada de manipulacións e falsidades”.
No acto de presentación intervirán, ademais do autor, o director do diario ABC, Bieito Rubido; e Tomás Rodríguez, de Edicións Akal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario