A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA CELEBROU SÚA PRIMEIRA SESIÓN PLENARIA
A remuneración e cotas da Seguridade Social do equipo de goberno municipal ascenden a 210.000 euros anuais
A imaxe reflicte un dos intres da sesión plenaria extraordinaria celebrada na mañá de hoxe na Casa do Concello
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Presidido polo alcalde Antonio Lomba Baz, este venres día 28 de xuño, ás 8:30 horas, na Casa do Concello, deu comezo un pleno extraordinario no que se deu conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura.
Resolución da alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias
Resolución da alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias
Quedan nomeados do seguinte xeito:
-Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal: Montserrat Magallanes Álvarez.
-Servizos á cidadanía e infraestruturas no medio rural: Miguel Ángel Español Otero.
-Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música: Mª Elena Baz Rodríguez.
-Educación, formación e promoción do emprego; participación cidadá e voluntariado: Fátima Rodríguez Marcos.
-Mobilidade e modelo urbano, e comercio: Anxo Lois Baz Vicente.
-Tráfico e emerxencias, e medio ambiente: Xan Lois Lomba Alonso.
-Turismo e Servizos Sociais: Beatriz Lomba Rodríguez.
-Igualdade: María Begoña González Martínez.
-Cultura e normalización lingüística: Xosé Manuel Méndez Díaz.
A Alcaldía mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías.
As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE A GUARDA
Por outra banda, mediante resolución da Alcaldía quedou constituída a Xunta de Goberno Local do Concello de A Guarda, que estará formada, baixo a Presidencia da Alcaldía, polos seguintes concelleiros: Mª Elena Baz Rodríguez, Fátima Rodríguez Marcos, Anxo Lois Baz Vicente, Xan Lois Lomba Alonso e Xosé Manuel Méndez Díaz.
Actuarán como suplentes das señoras Baz Rodríguez e Rodríguez Marcos, os restantes concelleiros do Grupo Municipal Socialista. Actuarán como suplentes dos señores Baz Vicente, Lomba Alonso e Méndez Díaz, os restantes concelleiros do Grupo Municipal do BNG.
A Xunta de Goberno Local reunirase, en sesión ordinaria, quincenalmente, os venres ás 8:30 horas, e en segunda convocatoria, unha hora despois da sinalada.
A Xunta de Goberno Local asumirá as funcions de asistencia e asesoramento a Alcaldía e por delegación da Alcaldía asumirá as competencias de outorgamento de licenzas urbanísticas, salvo que as leis sectoriais as atribúan expresamento ao Pleno.
Na devandita resolución da Alcaldía tamén dispónse nomear Tenente de Alcalde do Concello de A Guarda a Anxo Lois Baz Vicente, que substuirá o Alcalde na totalidade das súas atribucions nos casos de ausencia, enfermidade ou outro impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións.
REPRESENTANTE DO CONCELLO DE A GUARDA NA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
A proposta da Alcaldía, e de conformidade co establecido nos Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que rexen o funcionamento da Xunta de Goberno da mesma, corresponde o Concello de A Guarda nomear un concelleiro desta Corporación e o seu correspondente suplente, que xunto co Alcalde represente ó Concello de A Guarda na citada Mancomunidade, facendo constar que como suplente da Alcaldía e de conformidade cos estatutos, actuará Miguel Ángel Español Otero.

Na súa proposta, o alcalde propuxo ó Pleno da Corporación Municipal designar como representante do Concello de A Guarda na devandita Mancomunidade, a Anxo Lois Baz Vicente, e como suplentes: Xan Lois Lomba Alonso, Beatriz Lomba Rodríguez, Xosé Manuel Méndez Díaz e María Begoña González Martínez.
REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN MUNICIPAL NOS CONSELLOS ESCOLARES
REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN MUNICIPAL NOS CONSELLOS ESCOLARES
A proposta da Alcaldía, os representantes da Corporación Municipal nos consellos escolares dos colexios públicos e no IES A Sangriña serán:
IES A Sangriña: Miguel Ángel Español Otero; CEIP A Sangriña, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas e Escola da Gándara: Fátima Rodríguez Marcos; Conservatorio: Mª Elena Baz Rodríguez.
DESIGNACION DOS CONCELLEIROS PARA FORMAR PARTE DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
DESIGNACION DOS CONCELLEIROS PARA FORMAR PARTE DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
De conformidade co disposto no art. 10 do Estatutos do Padroado Municipal Monte Santa Trega, que sinala que serán vogais do Pleno do Padroado un concelleiro de cada grupo político ou dos non adscritos con representación no Concello de A Guarda, nomeados polo Pleno do Concello a proposta de cada un dos grupos políticos constituídos no mesmo, e presentadas propostas polos distintos grupos políticos municipais, elevouse ao Pleno a adopción do seguinte acordo:
Polo PP: Roberto José Álvarez Carrero (titular), Óscar Alonso Álvarez (1º suplente) e Mª Vanesa Alonso Gándara (2º suplente).
Polo GMS: Montserrat Magallanes Álvarez.
Polo BNG: Xosé Manuel Méndez Díaz (titular), Beatriz Lomba Rodríguez (suplente), Anxo Lois Baz Vicente (suplente), Xan Lois Lomba Alonso (suplente) e Begoña González Martínez (suplente).
Por Converxencia Galega: Celso Juan Rodríguez Fariñas.
PROPOSTA DE DESIGNACION DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
PROPOSTA DE DESIGNACION DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
Tendo en conta o disposto no art. 16.1d) do Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato en centros sostidos con fondos públicos, foi solicitada a designación de representante do Concello de A Guarda na Comisión de Escolarización deste Concello.
A proposta da Alcaldía foi designar como representante do Concello de A Guarda, na devandita Comisión, a Fátima Rodríguez Marcos.
E notificar o presente acordo a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIONS INFORMATIVAS PERMANENTES
De conformidade co establecido na Lei de Administración Local de Galicia, o alcalde propuxo o Pleno a adopción do acordo de crear a Comisión Especial de Contas e Asuntos Económicos, que terá por finalidade o exame, o estudio e informe da Conta xeral e demais contas anuais, así como os asuntos relativos a economía e facenda do Concello.
Segundo o establecido na devandita Lei, a composición da referida Comisión Especial de Contas será á seguinte:
- Presidente o Alcalde ou concelleiro en quen delegue.
- PP: 3 membros; PSdeG-PSOE: 3 membros; BNG: 3 membros; Converxencia Galega: 1 membro.
A designación dos membros desa Comisión terá que realizarse por escrito ante a Alcaldía, polo portavoz do correspondente grupo político, designándose igualmente os respectivos suplentes.
As reunions desta Comisión serán ordinarias cando se celebren para dictaminar os asuntos dos Plenos ordinarios, sendo extraordinarias, ou no seu caso urxentes, as demais.

No punto 2º da devandita proposta da Alcaldía, propúxose, valla a redundancia, a creación da Comisión Informativa de Asuntos Plenarios, que terá por finalidade o estudio e ditame dos asuntos que deban someterse a decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno cando actúe por delegación deste. Así mesmo, poderán intervir en relación cos asuntos que deban someterse a Xunta de Goberno Local cando este órgano lles solicite ditame.
A composición da devandita comisión, de acordo coa lexislación aplicable estará integrada por todos grupos políticos do concello, en número proporcional a súa representatividade, sendo a súa composición a seguinte:
- PP: 3 membros; PSdeG-PSOE: 3 membros; BNG: 3 membros; Converxencia Galega: 1 membro.
A designación dos membros desta Comisión terá que realizarse por escrito ante á Alcaldía, polo portavoz do correspondente grupo político, designándose igualmente os respectivos suplentes.
A terceira proposta foi a de crear a Comisión Informativa de Urbanismo que terá por finalidade o estudio, informe e consulta de todos aqueles asuntos urbanísticos que sexan competencia do Pleno, tales como instrumentos de planeamento. En relación coas materias competencia da Xunta de Goberno Local, darase conta dos acordos adoptados polo citado órgano e materia urbanística.
Tamén neste caso, a presidencia correspóndelle ao Alcalde ou concelleiro en quen delegue, correspondéndolle ao PP 3 membros, ao PSdeG-PSOE 3 membros, ao BNG 3 membros, e a Converxencia Galega 1 membro.
A designación dos membros será feita co mesmo procedemento que as demais Comisións Informativas.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE RETRIBUCIONS POR DEDICACIONS EXCLUSIVAS E PARCIAIS
No primeiro punto da proposta da Alcaldía de retribucions por dedicacions exclusivas e parciais, establecense para os membros da Corporación no Concello de A Guarda as seguintes retribucions polos importes que a continuación se determinan:
1 Dedicación exclusiva Alcalde-Presidente, cunha retribución anual bruta de 48.000,00 euros.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 37.000,00 euros.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 35.000,00 euros.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 26.000,00 euros. O presente importe faráse efectivo a partir do 1º de setembro de 2019.
1 Dedicación parcial concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 20.000,00 euros. O réxime de dedicación mínima necesaria na dedicación parcial será do 77% da xornada laboral.
Os nomeamentos dos membros da Corporación para estes cargos deberán ser aceptados expresamente por aqueles. De ser así terá que comunicarse esta circunstancia ao Pleno na seguinte sesión.
Unha vez aprobado o réxime de dedicación corresponde ao Alcalde-Presidente o nomeamento dos membros da Corporación que pasarán a desempeñar os devanditos cargos.
Estas retribucions faranse efectivas, no seu caso, a partires da data de aprobación desta proposta polo Pleno da Corporación.
As citadas retribucions experimentarán cada ano o incremento que dispoña a lexislación do Estado e a Corporación de A Guarda recoñeza con carácter xeral os funcionarios e persoal laboral o servizo da Administración Local de A Guarda.
De conformidade coa lexislación vixente, os cargos que se exerzan con dedicación exclusiva serán incompatibles con calqueira outra retribución con cargos aos orzamentos das Administracions Públicas e dos entes, organismos e empresas delas dependentes.
Os cargos con dedicación exclusiva e parcial serán dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, asumindo o Concello as cotas que se impoñen as empresas en relación cos traballadores ao seu servizo (cota empresarial).
Compre salientar que os custes finais das devanditas retribucións anuais (coa inclusión, no caso do alcalde, de 5.394,00 euros en concepto de trienios; e de 11.392,50 euros, das cotas da Seguridade Social dunha concellería con dedicación exclusiva; 12.043,50 euros das cotas da Seg. Social doutra concellería con dedicación exclusiva; 8.463,00 euros das cotas da Seg. Social doutra concellería con dedicación exclusiva; e os 6.510,00 euros das cotas da Seg. Social, da concellería con dedicación parcial), ascenden a un total anual de 209.803,22 euros.
De onde se deduce, segundo o informe de Intervención un incremento de gasto en termos anuais de 90.134,00 euros.
PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE NA CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO
En relación coa designación de representante do Concello de A Guarda no Comité Comarcal da Cruz Vermella en Baixo Miño, o alcalde propuxo o seguinte acordo:
Nomear como representante do Concello de A Guarda no referido comité á concelleira Beatriz Lomba Rodríguez, e como suplente a concelleira Mª Begoña González Martínez.
Remitir o presente acordo ao Comité de Cruz Vermella en Baixo Miño.

PERIODICIDADE DAS SESIÓNS PLENARIAS ORDINARIAS
A proposta da Alcaldía, as sesions ordinarias do Pleno da Corporación do Concello de A Guarda celebraranse cada dous meses, nos meses impares (xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro), e desenvolveranse o último venres de cada un dos meses sinalados, ás 20:00 horas.
Se a citada data fora inhábil o Pleno tería lugar o venres seguinte hábil a mesma hora.
Compre lembrar que a periodicidade mínima das sesions do Pleno está recollida no art. 46 da Lei reguladora de Bases de Réxime Local, en función do censo de habitantes de cada concello.
COMPOSICIÓN E VOCEIROS DE CADA GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL
Por designación dos respectivos grupos municipais, desempeñarán as portavocías os seguintes concelleiros:
- Grupo Municipal do Partido Popular: Roberto José Álvarez Carrero (voceiro); Óscar Alonso Álvarez, Mª Vanesa Alonso Gándara, José Antonio Baz Lomba, Mª Isabel Guisande Vila e Josué Álvarez Alonso (voceiros suplentes).
- Grupo Municipal do PSdeG-PSOE: Antonio Lomba Baz; Mª Montserrat Magallanes Álvarez (voceira); Miguel Ángel Español Otero, Fátima Rodríguez Marcos e Mª Elena Baz Rodriguez (voceiros suplentes).
- Grupo Municipal do BNG: Anxo Lois Baz Vicente (voceiro); Mª Begoña González Martínez, Xan Lois Lomba Alonso, Beatriz Lomba Rodríguez e Xosé Manuel Méndez Díaz (voceiros suplentes).
- Grupo Municipal Converxencia Galega: Celso Juan Rodríguez Fariñas (voceiro).
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS
De acordo coa proposta da Alcaldía, as contías que percibirán os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin parcial por asistencias a órganos colexiados, serán ás seguintes:
- Por asistencia a Sesions Ordinarias e Extraordinarias do Pleno da Corporación: 125,00 euros.
- Por asistencia a Sesions da Xunta de Goberno Local: 100,00 euros.
- Por asistencia a Comisións Informativas: 100,00 euros.
No punto segundo da devandita proposta, indícase que por comisions de servizo percibiranse dietas e gastos de desprazamento, segundo o establecido no R.D.462/2002, e as disposicións correspondentes. Nos supostos de circulación por autopista de peaxe indemnizarase o importe pagado, contra a presentación dos xustificantes correspondentes.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE ASIGNACIÓN A GRUPOS POLÍTICOS
De conformidade co establecido na lexislación aplicable, o Pleno da Corporación poderá asignarse aos grupos políticos unha dotación económica, que deberá contar cunha cuantía fixa e idéntica para todos os grupos, e outra variable, en función do número de membros de cada un deles, sen que poidan destinarse ao pago de remuneración de persoal de calquer tipo ao servizo da Corporación ou a adquisición de bens que poidan constituir activos fixos de carácter patrimonial. Asimesmo, os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica da devandita dotación, que poñerán a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o pida.
Por todo o antedito, proponse ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Asignar a cada un dos grupos políticos con representación na Corporación unha cantidade fixa mensual para cada un deles de 150,00 euros e 50,00 euros por cada concelleiro do grupo respectivo.
Todos os asuntos tratados na sesión foron aprobados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario