11 de xuño de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

INTENSA FIN DE SEMANA PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO

COLLEITANDO 9 MEDALLAS NAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DE PONTEVEDRA E A CORUÑA
 

Lara Rodríguez, Christian Sierpes, Mara Romeu e Antía Rodríguez, medallistas da categoria Sub 14


Amanda e Yeray, medallistas  Sub10, Campeonato Provincial Pontevedra en idades escolares

Sociedade Atlético do Trega / Redacción Deportes

 A pasada fin de semana, foi moi intensa con tantas competicións, enfocando a actividade atlética, nas provincias de Pontevedra e A Coruña, en diferentes modalidades, sacando realmente moi bo proveito, obtendo magníficos resultados, por non dicir excelentes a nivel individual, en diferentes puntos onde competiron os nosos atletas, desempeñando os seguintes resultados os atletas máis destacados: 

 A apertura foi a cargo dos benxamins Sub10, na mañá do sábado nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra (Estadio da Mocidade) no Campionato Provincial de pista ao aire libre e fase final da provincia de Pontevedra (Xogos Galegos Deportistas en Idade Escolar), onde teriamos a participación de 4 atletas (Amanda Martínez, Yeray Dacuña, Aarón  Dacuña e Martín Fernández).

 Os máis sobresalientes foron: 


Amanda Martínez - no centro do podio -, campioa provincial Sub 10 dos 1.000 ml feminino

 Na proba dos 1.000 ml feminino á tomiñesa Amanda Martínez, 1ª clasificada cun tempo de 3´45" 70, proclamouse campioa provincial 2019.  


             Yeray Dacuña - a esquerda do podio - subcampión provincial Sub 10 de 1.000 ml

Yeray Dacuña - a dereita do podio - medalla de bronce Sub 10 en lanzamento de pelota 200 gr.


 O outro destacado, o tomiñés Yeray Dacuña, fixo dobrete, nos 1.000 ml cun tempo de 3´37" 42, gañou o subcampionato provincial, mellorando marca persoal e logrando medalla de bronce na proba de lanzamento de pelota 200 gr, cun mellor lanzamento de 24,17cm. 


Milu Rodríguez Baz - no centro do podio - 1ª clasificada na categoría  master na modalidade de 5 km marcha en roteiro, Trofeo Josefina Romero

 Xa en xornada de tarde, tivemos na cidade herculina, o XXXIII Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns A Coruña, no trofeo Sergio Vázquez, onde a marchadora guardesa Milu Rodríguez Baz, participaría na distancia de 5 km marcha en roteiro, Trofeo Josefina Romero, quedando 1ª clasificada na categoría  master. O seu crono foi de 28´55", acabando así a xornada do sábado. 

 Xa no domingo, en xornada de mañá, competimos, no Campionato Provincial de XOGADE Sub14, onde o noso grupo estaría composto por: Carla Rocha, Lara Álvarez, Carmen Magallanes, Lara Rodríguez, Antía Otero, Mara Romeu e  Christian  Sierpes. 

 Os que máis brillaron foron os últimos catros atletas da lista mencionada anteriormente. 


Christian Sierpes Pereira - no centro do podio -, medalla de ouro en 2.000 metros marcha ao aire libre e campión provincial

 O primeiro en participar sería o guardés Christian Sierpes Pereira, que con un crono de 10´37" 05 logrou o 1º posto en 2.000 metros marcha ao aire libre, e por conseguinte proclamouse campión provincial desa modalidade. 

Mara Romeu Vicente - no centro do podio -, logrou medalla de ouro nos 159 ml (velocidade), e o campionato provincial

 A seguinte sería a guardesa Mara Romeu Vicente, que competiu nos 150 ml (velocidade), acadando un rexistro de 20" 90, e facendo marca persoal logrou a medalla de ouro, proclamándose campioa provincial. 


Lara Rodríguez Martínez - a esq. da imaxe - subcampioa provincial nos 1.000 m. obstáculos con ría

 Nos 1.000 m obstáculos con ría, a rosaleira Lara Rodríguez Martínez quedou 2ª clasificada, cun tempo de 4´04" 27, facendo marca persoal e proclamouse subcampioa provincial. 

Antía Rodríguez Otero - a dereita da imaxe - subcampioa provincial nos 1.000 ml

 E por último a goianesa-tomiñesa, Antía Rodríguez Otero, fíxose coa medalla de chocolate nos 1.000 ml, parando o crono en 3´33" 68. Tamén mellorou súa marca mínima persoal e logrou o subcampionato co bronce. 


Eduardo García Fernández - a esquerda da imaxe - subcampión galego master Sub-40 en 800 m.lisos


 En xornada de tarde, no  XXIII Campionato de Galicia Master celebrado en Oleiros (A Coruña), ao aire libre, tivemos un único representante, o guardés Eduardo García Fernández, que participou na proba de  mediofondo, en 800 m. lisos na categoría  master 40-45. Quedou 2º clasificado cunha marca de 2´08" 05 e proclamouse subcampión galego  master Sub-40. 

 Agradecer a todos os atletas e familiares, polo voso compromiso co club. Por suposto aos nosos patrocinadores, Lito Sport, socios e ao noso buque insignia o Concello de Tomiño. 

 E felicitar a adestradores e atletas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario