14 de xuño de 2019

A GUARDA

FOGUEIRA DE SAN XOÁN

O domingo 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, no antigo Estadio do Tecla


Infogauda / A Guarda

 Organizada pola Asociación Cultural Veciñal das parroquias da Guarda, coa colaboración do Concello da Guarda, Deputación de Pontevedra e Xacobeo 2021, o domingo día 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, no antigo Estadio do Tecla, comezará a celebración lúdico-gastronómica da Fogueira de San Xoán.

 Haberá cantina, churrasco, criollos, empanada e sardiñas (depende do mercado), a prezos populares.

 O evento estará amenizado por grupos de gaitas e de baile da zona.

 E ás 22:00 horas, terá lugar o prendido da fogueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario