11 de xuño de 2019

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

Estamos afortunados, A Guarda entra de cara a os premios Innovatión By Design Fast Company

José Antonio González / A Guarda

 A Guarda estará no primeiro posto para acadar o premio a o mellor deseño industrial, a mellor tecnoloxía  (I+D) en alumeado público, deseño, adornos na  rúa Concepción Arenal. Estaremos no censo dos premios ADI-FAD e realzaremos a marca España. O fenómeno Presidente do concello de A Guarda babuxaba ollando a os traballadores na especial montaxe do novo  alumeado público, con unhas medidas de seguridade dignas de estudo. A cidadanía está esperando como será a recollida do lixo que será outro gran acontecemento. A recollida do lixo realizarase con dróns, que estarán dirixidos polos especialistas do concello. Estes foron deseñados na prestixiosa Universidade de A Guarda. No próximo proxecto estará a montaxe de plantas e árbores autóctonas. O que non sabemos e como será a circulación dos vehículos a motor, patinetes, bicicletas, que se está estudando na Universidade da Joreña, posiblemente a partir do día 16 de xuño o darán a coñecer ca presencia do Sr. Navarro. Na  inauguración veremos aos políticos eloxiando a marabillosa obra, veremos  o folclórico Caballero,...etc., na inauguración, para copiar e instalar o gran deseño en Vigo e no resto na Nación así como no resto do Estado, e de paso nos dirán canto se gastou na obra de referencia no Baixo Miño.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario